Ir ao contido

Preguntas frecuentes

■ Como cambio un resultado en forma de fracción producido por unha operación de división a forma decimal?

→ Cando apareza o resultado de cálculo da fracción, prema e, deseguido, seleccione [Decimal] ou prema (). Para que os resultados de cálculo iniciais aparezan como valores decimais, cambie o axuste Entrada/Saída no menú CONFIG a E Mat/S Decimal.


■ Cal é a diferenza entre a memoria Ans, a PreAns e a variable?

→ Cada un destes tipos de memoria actúa como un “contedor” para o almacenamento temporal dun valor único.
Memoria Ans: almacena o resultado do último cálculo realizado. Use esta memoria para levar o resultado dun cálculo ao seguinte.
Memoria PreAns: almacena o resultado do cálculo antes do último. A memoria PreAns só pode usarse na aplicación Calcular.
Variables: esta memoria é útil cando precisa usar o mesmo valor varias veces nun ou máis cálculos.


■ Como podo atopar unha función que estaba usando cun modelo de calculadora CASIO máis antigo nesta calculadora?

→ Pode acceder ás funcións desta calculadora desde o menú CATALOG que aparece cando preme . Para máis información, consulte as seguintes seccións.
“Uso do menú CATALOG”
“Cálculos avanzados”


■ Cun modelo de calculadora CASIO antiga, premía para cambiar o formato de vista do resultado de cálculo. Que debo facer nesta calculadora?

→ Cando apareza o resultado do cálculo, prema . Use o menú que aparece para seleccionar o formato de vista que desexa. Para máis información, consulte “Cambiar o formato de resultado de cálculo”.


■ Como podo saber que aplicación da calculadora estou usando actualmente?

→ Prema . Isto fai que a icona da aplicación da calculadora que está usando actualmente destaque.


■ Como calculo sen2 x

→ Por exemplo, para calcular sen2 30 =  14, insira o seguinte cálculo.

  • 30

■ Por que non desaparece o indicador Verificar ()?

→ Para facer que desapareza o indicador que aparece cando está activado Verificar (Verificar ON), realice a seguinte operación: – [Verificar OFF].
Para máis información sobre Verificar, consulte “Uso de Verificar”.


■ Por que a icona da pila () aparece xusto despois de acender a calculadora?

→ A icona da pila indica que está baixa. Se ve esta icona, substitúa a pila o antes posible. Para máis información sobre a substitución da pila, consulte “Substitución da pila”.


■ Como podo facer que a calculadora volva aos axustes predeterminados iniciais?

→ Realice o seguinte procedemento para iniciar os axustes da calculadora (agás Contraste, Autoapagado e Idioma).

(1) Prema , seleccione unha icona de aplicación da calculadora e, deseguido, prema .

(2) Prema e, deseguido, seleccione [Reinicio] > [Axustes & Datos] > [Si].

Inicio da
páxina