Ir ao contido

Cálculos de Base-n

Cando desexe realizar cálculos usando valores decimais, hexadecimais, binarios e/ou octais, inicie a aplicación Base-N. Prema , seleccione a icona da aplicación de Base-N e, deseguido, prema . O axuste de modo de número predeterminado inicial cando inicia a aplicación Base-N é decimal.

Tras iniciar a aplicación Base-N, use para cambiar os modos dos números.

Cada vez que se preme , pásase polos modos de números como se indica deseguido.

(1) [Decimal]

(2) [Hexadecimal]

(3) [Binario]

(4) [Octal]


Nota

Os subíndices anexados aos valores indicados nos exemplos amosan a base (modo de número) de cada valor.
Exemplo: 12 ... Binario 1; 116 ... Hexadecimal 1


Exemplo 1: para calcular 112 + 12.

1. Use para cambiar o modo de número a [Binario].

2. Realice o cálculo 112 + 12.

  • 111

Exemplo 2: para calcular 1F16 + 116 en hexadecimal.

1. Use para cambiar o modo de número a [Hexadecimal].

2. Realice o cálculo 1F16 + 116.

  • 1(F)1

Nota

Use as seguintes teclas para inserir as letras do A ao F para os valores hexadecimais: (A), (B), (C), (D), (E), (F). Tamén pode inserir valores hexadecimais usando os seguintes elementos do menú CATALOG indicados.
– [Valor Hex] > [A], [B], [C], [D], [E] ou [F]

Teña en conta que se insire calquera carácter do A ao F usando a seguinte operación, o carácter será tratado como un nome de variable e non coma un valor hexadecimal.

(1) Prema para ver a pantalla de lista de variables.

(2) Seleccione [A=], [B=], [C=], [D=], [E=] ou F=] e, deseguido, prema .

(3) No menú que aparece, seleccione [Memoria].

Na aplicación Base-N, non se admite a inserción de valores fraccionais (decimais) nin de expoñentes. Se o resultado dun cálculo ten unha parte fraccional, córtase.

Deseguido indícase información sobre os rangos de entrada e saída (32 bits).

Base Rango
Binario Positivo: 00000000000000000000000000000000 ≤ x ≤ 01111111111111111111111111111111 Negativo: 10000000000000000000000000000000 ≤ x ≤ 11111111111111111111111111111111
Octal Positivo: 00000000000 ≤ x ≤ 17777777777 Negativo: 20000000000 ≤ x ≤ 37777777777
Decimal -2147483648 ≤ x ≤ 2147483647
Hexadecimal Positivo: 00000000 ≤ x ≤ 7FFFFFFF Negativo: 80000000 ≤ x ≤ FFFFFFFF

Prodúcese un ERRO Mat cando un resultado de cálculo está fóra do rango aplicable para o sistema numérico que se está a usar.

Especificación do modo de número dun valor de entrada concreto

Pode inserir un comando especial xusto antes dun valor para especificar o modo numérico dese valor. Os comandos especiais son: d (decimal), h (hexadecimal), b (binario) e o (octal).


Exemplo 3: para calcular 1010 + 1016 + 102 + 108 e ver o resultado como un valor decimal.

1. Use para cambiar o modo de número a [Decimal].

2. Realice o cálculo 1010 + 1016 + 102 + 108.

  • – [Prefixo Base] > [Decimal(d)] 10
    – [Prefixo Base] > [Hexadecimal(h)] 10
    – [Prefixo Base] > [Binario(b)] 10
    – [Prefixo Base] > [Octal(o)] 10

Converter un resultado de cálculo noutro tipo de valor

Pode usar para converter o resultado de cálculo amosado agora a outro tipo de valor.


Exemplo 4: para calcular 1510 × 3710 en modo decimal e logo converter o resultado a hexadecimal.

1. Use para cambiar o modo de número a [Decimal].

2. Realice o cálculo 1510 × 3710.

  • 1537

3. Use para cambiar o modo de número a [Hexadecimal].

Operacións lóxicas e de negación

As operacións lóxicas e de negación realízanse premendo e seleccionando [Operación Lóxica] e, logo, seleccionado o comando desexado (Neg, Not, and, or, xor, xnor) do menú que aparece. Os seguintes exemplos realízanse en modo binario.


Exemplo 5: para determinar o AND lóxico de 10102 e 11002 (10102 and 11002).

  • 1010
    – [Operación Lóxica] > [and]
    1100

Exemplo 6: para determinar o complemento de bits de 10102 (Not(10102)).

  • – [Operación Lóxica] > [Not]
    1010

Nota

No caso dun valor negativo binario, octal ou hexadecimal, a calculadora converte o valor a binario, colle o complemento dos dous e logo volve a converter á base de número orixinal. Para os valores decimais, a calculadora tan só engade un signo menos.

Inicio da
páxina