Ir ao contido

Uso do menú FORMAT

Pode usar o menú FORMAT que aparece cando preme para converter un resultado de cálculo amosado a varios formatos.

Lista do menú FORMAT

Este elemento do menú: Converte a este formato:
Estándar Estándar (inclúe os formatos de fracción, π, √ ).
Decimal Decimal
Factor Primo Factorización de números primos
Dec Recorrente Decimal recorrente
Fracción Impropia Fracción impropia
Número Mixto Número mixto
Notación ENG Notación de enxeñería (formato a×10n, n = expoñente divisible por 3)
Sesaxesimal Grao, minuto, segundo (Sesaxesimal)

Nota

Os elementos do menú que aparecen cando se preme dependen do resultado de cálculo actualmente amosado. Ademais, se aparece un resultado de cálculo que non se pode converter, o menú non aparecerá cando prema .

Operación modelo de conversión

Exemplo: 3 ÷ 2 = 32 = 1,5 = 1 12

Neste exemplo, convertemos un resultado de cálculo amosado como unha fracción impropia nun valor decimal e logo nun número mixto. Por último, cancelaremos a conversión e volveremos ao resultado de cálculo orixinal.
(Entrada/Saída: E Mat/S Mat, Resultado Frac: Fracción Improp)


1. Execute o cálculo 3 ÷ 2.

  • 32

2. Para converter o resultado de cálculo a un valor decimal, prema , seleccione [Decimal] e, deseguido, prema .

3. Para converter o resultado de cálculo a un número mixto, prema , seleccione [Número Mixto] e, deseguido, prema .

4. Para cancelar a conversión, prema .

Isto amosa o resultado de cálculo orixinal do paso 1.

Inicio da
páxina