Ir ao contido

Advertencias

Advertencias de seguridade

Grazas por mercar este produto CASIO.
Asegúrese de ler as “Advertencias de seguridade” antes de usar o produto para comprobar que o usa correctamente. Asegúrese de gardar toda a documentación do usuario á man para futuras referencias.

  • Perigo

    Indica algo que crea un risco grande de falecemento ou danos persoais severos.

Advertencias sobre a pila tipo botón e tipo moeda (só para fx-85SP CW)

  • Teña coidado de non inxerir por accidente unha pila.
    As pilas deben manterse fóra do alcance dos nenos/as.

Contacte de inmediato cun médico no caso de inxerir unha pila por accidente ou se existe tal posibilidade.
A inxestión dunha pila pode provocar queimaduras químicas, penetración nos tecidos da mucosa e outras lesións serias que crean risco de falecemento.

  • Advertencia

    Indica algo que crea un risco de falecemento ou danos persoais severos.

Pantalla

  • Non prema a pantalla LCD nin a someta a un impacto grande.

Facelo pode provocar que o cristal da pantalla LCD rompa, e cree o risco de lesións persoais.

  • Se rompe a pantalla LCD, non toque nunca o líquido de dentro.

O líquido da pantalla LCD en contacto coa pel causa irritación cutánea.
Se o líquido da pantalla LCD entra en contacto coa boca, enxaugue de inmediato e contacte cun médico.
Se o líquido da pantalla LCD entra en contacto cos ollos ou a pel, enxaugue con auga limpa e logo contacte cun médico.

Advertencias sobre a pila

  • Se o líquido que sae da pila entra en contacto coa pel ou coa roupa enxáugueo inmediatamente con auga limpa.

Se o líquido da pila entra nos ollos, existe risco de perder a vista etc. Enxaugue os ollos e contacte inmediatamente cun médico.

  • Precaución

    Indica algo que crea un risco de lesións persoais menores ou danos físicos.

Teña en conta as seguintes advertencias. Se non o fai, a batería pode fallar, e crear un risco de incendio, lesións persoais e sucidade dos obxectos próximos ao líquido vertido.

  • Non tente separar a pila nin permita que se produza un curtocircuíto.

    Non cargue unha pila non recargable.

    Non expoña a pila ao calor nin a tire ao lume.

  • Use soamente o tipo de pila especificado.

    Cargue a pila cos polos [positivo (+) e negativo (–)] colocados correctamente.

    Cambie a pila o antes posible, logo de que se descargue.

  • Advertencias sobre a pila

  • Teña en conta as seguintes advertencias. De non seguilas, corre o risco de que a pila explote ou verta líquido ou gas inflamable.

Empregue unicamente o tipo de pila especifico para este produto.

Non queime a pila nin a tire nun incinerador, nin por esmagamento ou corte mecánico.

Non someta a pila a temperaturas extremadamente altas ou baixas durante o seu uso, almacenamento ou transporte.

Non someta a pila a presións extremadamente altas ou baixas durante o seu uso, almacenamento ou transporte.

Advertencias de manipulación

fx-82SP CW: aínda que a calculadora funcione de xeito normal, substitúa a pila polo menos cada dous anos (R03).
fx-85SP CW: aínda que a calculadora funcione de xeito normal, substitúa a pila polo menos cada dous anos (LR44).
Unha pila esgotada pode ter fugas, provocar danos e o mal funcionamento da calculadora. Non deixe nunca unha pila esgotada na calculadora. Non tente usar a calculadora cando a pila está completamente esgotada (fx-85SP CW).

Cobraráselle polo mal funcionamento ou os danos debidos a fugas da batería, o cal non está cuberto pola garantía.

A pila que vén coa calculadora descárgase un pouco durante o envío e almacenamento. Por iso, pode requirir a súa substitución antes do que se agardaría pola súa vida útil.

Evite usar e almacenar a calculadora en zonas suxeitas a extremos de temperatura e grandes cantidades de humidade e po.

Non someta a calculadora a impactos excesivos, presión ou dobreces.

Non intente nunca desmontar a calculadora.

Use un pano suave e seco para limpar o exterior da calculadora.

Cando se desfaga da calculadora ou das pilas, asegúrese de facelo de conformidade coas leis e normativas aplicables na súa rexión.

Inicio da
páxina