Convers Unidades
Pode usar os comandos de conversión de unidades para converter dunha unidade de medición a outra. Os datos da fórmula de conversión baséanse na “Publicación especial 811 do NIST (2008)”.
Exemplo: para converter 5 cm en polgadas (Entrada/Saída: E Liña/S Liña)
1. Insira o valor a converter.
- 5

2. Prema
, seleccione [Convers Unidades] e logo prema
.
Isto amosa un menú de categorías de conversión de unidades*.
3. Seleccione [Lonxitude] e logo prema
.
Isto amosa un menú de comandos de conversión na categoría Lonxitude.
4. Seleccione [cm
in] (o comando de conversión de centímetros a polgadas) e logo prema
.
5. Prema
.
* A seguinte táboa amosa os comandos de conversión de unidades incluídos en cada categoría.
| Categoría | Comandos da conversión de unidades |
|---|---|
| Lonxitude | in cm, cm in, ft m, m ft, yd m, m yd, mile km, km mile, n mile m, m n mile, pc km, km pc |
| Área | acre m2, m2 acre |
| Volume | gal(US) L, L gal(US), gal(UK) L, L gal(UK) |
| Masa | oz g, g oz, lb kg, kg lb |
| Velocidade | km/h m/s, m/s km/h |
| Presión | atm Pa, Pa atm, mmHg Pa, Pa mmHg, kgf/cm2 Pa, Pa kgf/cm2, lbf/in2 kPa, kPa lbf/in2 |
| Enerxía | kgf m J, J kgf m, J cal15, cal15 J |
| Potencia | hp kW, kW hp |
| Temperatura | °F °C, °C °F |




m