Uso do menú FORMAT
Pode usar o menú FORMAT que aparece cando preme
para converter un resultado de cálculo amosado a varios formatos.

Lista do menú FORMAT
| Este elemento do menú: | Converte a este formato: |
|---|---|
| Estándar | Estándar (inclúe os formatos de fracción, π, √ ). |
| Decimal | Decimal |
| Factor Primo | Factorización de números primos |
| Dec Recorrente | Decimal recorrente |
| Coord Cartesianas | Coordenadas cartesianas |
| Coord Polares | Coordenadas polares |
| Fracción Impropia | Fracción impropia |
| Número Mixto | Número mixto |
| Notación ENG | Notación de enxeñería (formato a×10n, n = expoñente divisible por 3) |
| Sesaxesimal | Grao, minuto, segundo (Sesaxesimal) |
Nota
Os elementos do menú que aparecen cando se preme
dependen do resultado de cálculo actualmente amosado. Ademais, se aparece un resultado de cálculo que non se pode converter, o menú non aparecerá cando prema
.
Operación modelo de conversión
Exemplo: 3 ÷ 2 = 32 = 1,5 = 1 12
Neste exemplo, convertemos un resultado de cálculo amosado como unha fracción impropia nun valor decimal e logo nun número mixto. Por último, cancelaremos a conversión e volveremos ao resultado de cálculo orixinal.
(Entrada/Saída: E Mat/S Mat, Resultado Frac: Fracción Improp)
1. Execute o cálculo 3 ÷ 2.
- 3
2

2. Para converter o resultado de cálculo a un valor decimal, prema
, seleccione [Decimal] e, deseguido, prema
.
3. Para converter o resultado de cálculo a un número mixto, prema
, seleccione [Número Mixto] e, deseguido, prema
.
4. Para cancelar a conversión, prema
.
Isto amosa o resultado de cálculo orixinal do paso 1.



